martes, 23 de febrero de 2010

AS NOSAS FOTOS

jueves, 18 de febrero de 2010


martes, 16 de febrero de 2010


O domingo pasado día 31 de xaneiro actuamos no CP A Lama, lugar no que fumos estupendamnte recibidos e tratados, polo que queremos agradecer a todas as persoas que alí nos axudaron tanto. Grazas!

A NOSA HISTORIA

A Asoc .Antigos Alumnos da Escola Of. De Idiomas “PORTA ABERTA” ó longo dos seus 14 anos de existencia, levou a cabo todo tipo de actividades culturais. Dende viaxes por todo o noso país (fervenzas do río Toxa, serra do Courel, San Andrés de Teixido, o mosteiro das Ermidas, viaxe en catamarán polo río Sil e Miño, mosteiros de Sobrado dos Monxes, Monfero, Caaveiro, Santa Cristina e San Estevo de Ribas de Sil, San Pedro de Rocas, etc.) ata curso de formación (línguas estraanxeiras, cursos de maquillaxe artístico, de fotografía, etc.), pasando por conferencias, concursos (de narrativa, de fotografía, etc.).
Pero é no teatro onde a asoc. desenvolveu unha maior traxectoria e éxito. É polo que hoxe en día case toda a súa actividade dedícase a esta manifestación cultural.

MEMORIA DO GRUPO DE TEATRO “PORTA ABERTA”.

Segundo os fins da Asociación e recollidos nos seus Estatutos, a nós, non nos move iotoriedade. Só tentamos que o TEATRO en xeral, e o teatro afeccionado en particular (moitas veces canteira de futuros profesionais) acade o recoñecemento e interese (educando á mocidade) e o lugar que merece e que lle corresponde no eido da cultura.

O grupo de teatro “PORTA ABERTA” ten unha boa e recoñecida sona desde o momento da súa creación hai 16 anos (1994). Cómpre salienta-los numerosos premios acadados ó longo destes anos (certame de teatro afeccionado de O Grove, da Federación Galega de teatro aleccionado de Santiago de Compostela…).

Hoxe en día está formado por máis de 30 persoas que non só representan a actrices e actores, senón que participan, ben sexda na parte técnica (montaxe, luminctenia…), na artística (música, decorados, deseños, vestiario, perruquería..) ou ben achegando ideas. No grupo todas e todos témo-lo noso cometido.

As nosas actuacións van dirixidas a toda aquela asociación, agrupación, causa humanitaria, organización, concellos, que o solicite (tal e como se recolle na memoria adxunta de actuacións do grupo). Para nós é tan importante unha actuación no Auditorio Caixanova como a que podemos ter no Auditorio dos Hermanos Misioneros de Teis, nos colexios Canicouva, Amor de Dios, ou ben no Paseo Marítimo de Bouzas.

A Asociación “PORTA ABERTA” organizou a “I SEMANA DE TEATRO AFECCIONADO” na que participaron grupos do noso país, que foi un grande éxito non só pola calidade das obras presentadas senón tamén polo público que asistíu ás representacións. Hoxe en día, e dada a notoriedade acadada, e da que non podemos responsabilizarnos,cedimo-los nosos dereitos á Agrupación de Centros Culturais de Vigo. En compensación, e sen participar no Concurso, pechámo-lo certame cada vez que se celebre.

RELACIÓN DE ACTUACIÓNS E OBRAS REPRESENTADAS DESDE A CREACIÓN DO GRUPO:

Ano 1994:
25 de novembro: Estrea, en francés, da obra “Une poule et deux coqs”, de Robert Thomas, na Sala Magna da EOI

Ano 1995:
27 de xaneiro: a obra anterior no Auditorio da Casa do Concello de Vigo.

31 de marzo: estrea da obra Os vellos nos deben de namorarse” (1º lance) de Castelao, na Sala Magna da EOI.
27 de outubro: a mesma obra no Auditoro do Concello de Vigo, a petición da A.VV. Miguel Servet, por mor da súa creación.

COMENTARIO: Foi un bo comezo para nós, a estrea da obra de Castelao. Sempre tivemos cheos nas nosas representacións .

Ano 1996:

22 de marzo: Estrea da obra completa de Castelao “Os vellos non deben de namoarse” na Sala Magna da EOI
26 de abril: a mesma obra no auditorio da Unef de Pontevedra
18 de maio: a mesma obra no Centro cultural Abrente” de Mos, por mor do Día das Letras Galegas
3 de novembro: a mesma obra no Centro recreativo e cultural de Cabral-Becerreira
29 de novembro: a mesma obra, no auditorio de Caixanova. Éxito sen precedente. Agotáronse as entras antes de comeza-la función

COMENTARIO: Podemos fachandear de ser un dos poucos grupos que colgou no auditorio de Caixanova “non hai entradas”.Esta obra e Castelao estará de por sempre unida a nós…

Ano 1997:

27 de febreiro: derradeira representación da obra de Castelao no Colexio “Amor de Dios” de Vigo,por mor do II Día da Lectura.
11 de abril: estrea da obra de Nicolás Bela “Os cravos de prata” na Sala Magna da EOI
14 de maio: a mesma obra na Escola de Enxeñeiros industriais de Vigo, por mor do Día das Letras Galegas
11 de outubro: mesma obra no CP “Emilia Pardo Bazán” de Vigo con motivo das súas vodas de prata
18 e 19 de novembro: no Auditorio de Caixanova
17 de decembro: no Centro cultural de Coruxo, na súa semana cultural

Ano 1998:

1 de abril: estrea da obra de V.Lamas Carvajal “O catecismo do labrego” na Sala Magna da EOI
11 de maio: a mesma obra no CP “Canicouva” por mor do Día das Letras Galegas
15 de maio: a mesma obra na Escola de enxeñeiros industriais de Vigo, por mor do Día das Letras Galegas
30 de maio: a mesma obra no Centro cultural de A Cañiza
6 de xuño: a mesma obra na A.VV. de Castrelos
24 de outubro: a mesma obra no Auditorio do Centro Cultural Caixanova
28 de novembro: a mesma obra na A.VV. San Miguel de Oia

COMENTARIO: a directora do grupo de teatro “PORTA ABERTA” adaptou o libriño de Lamas Carvaajal para o teatro. A obra orixinal é un diálogo entre dúas persoas: un labrego e un crego. Nós o que fixemos foi crear varias personaxes e un “fiscalizador” ou persoa quen ía facendo as preguntas, que moitas veces os labregos non podían ou non sabían responder
A obra,do s.XVIII, é totalmente actual: crítica ós organísmos públicos, ó abuso de poder… é polo que a obra comeza no x.XVIII e ten unha conclusión actual do que queda constancia na derradeira frase da obra na que o labrego di: “pasaron os séculos… e isto segue igual…”

Ano 1999:

12 de maio: estrea de “A ópera de a patacón” ou “As falcatruadas de Makie o Navallas” de Roberto Vidal Bolaño na Sala Magna da EOI
16 de maio: na A.VV.de Candeán por mor do Día das Letras Galegas
26 de xuño: no Parque de Castrelos por mor de V Encontro de centros culturais e deportivos de Vigo
30 de xullo: no Paseo Marítimo “Paz Andrade” de Bouzas, a petición da A.VV.e da Asoc.de mariñeiros artesanais e deportivos
1 de outubro: no Auditorio do Centro Cultural Caixanova
27 de novembro: a petición dos Hermanos Misioneros de Teis

COMENTARIO: É a montaxe máis ambiciosa levada a cabo polo grupo.
- Pola súa dificultade non só de interpretación (é unha obra cantada e falada) senón tamén pola súa montaxe
- Polo seu elevado custo económico: vestiario, montaxe, decorado…
- Polo grande número de persoas que taballan na obra: 20 persoas
A súa orixinalidade radica sobre todo na súa montaxe. Coma sempre nós non nos fixamos nin imitamos ós orixinais (é máis, preferimós non velos ata despois da nosa estrea) senón que tentamos de achega-las nosas ideas

Ano 2000:

8 de xaneiro: na A.VV. “Agarimo” de San Xoán Poulo
12 de febreiro: na SCDR. “Atlántida” de Matamá
27 de abril: no pavillón de deportes de As Travesas, organizado pola Concellería de Xuventude, e para tódolos colexios de Vigo (2ª etapa), perante 3000 rapaces por mor do Día das Letras Galegas

31 de marzo: Estrea da obra “Fin de acto” de Alberto Avendaño, na Sala Magna da EOI
3 de maio: 1º lance da obra de Castelao “Os vellos non deben de namorarse” na Aula Magna da EOI
6 de maio: representación da obra “Fin de acto” no Centro cultural de Cabral-Becerreira
17 de maio: a mesma obra na A.VV.”Monte da Mina” de Castrelos, por mor do Día das Letras Galegas
28 de maio: “Os vellos non deben…”na A.VV. de Candeán
5 de xullo: a mesma obra ó aire libre a petición da A.VV. “Nosa Terra” de Alcabre
6 de xullo: “Fin de acto” ó aire libre a petición da A.VV. “Nosa Terra” de Alcabre
8 de xullo: “Fin de acto” ó aire libre a petición do Centro Cultural de Coruxo.
25 de xullo: estrea das historias escenificadas “¡Este mundo está tolo!”por mor da inauguración do “Banana café”
11 de agosto: “Fin de acto”a petición do Concello de Vilanova de Arousa
Setembro:”Os vellos non deben..” a petición da A.VV. Conde de Torrecedeira por mor da súa semana cultural
Setembro: “¡Este mundo está tolo!” a petición da A.VV. Conde de Torrecedeira por mor da súa semana cultural
5 de outubro: “Fin de acto” na SCD “Atlántida” de Matamá, na “I Semana de Teatro Afeccionado”, por ser unha das obras premiadas
2 de novembro: “¡Este mundo está tolo!” na Aula Magna da EOI
9 de novembro: “Fin de acto” no Auditorio de Caixanova
14 de novembro: “¡Este mundo está tolo!” a petición da Escola de Enxeñeiros de telecomunicaciones,por mor de “San Teleco”
19 de novembro: a mesma obra na A.VV. “Monte da Mina” de Castrelos
2 de decembro: “Fin de acto”na Casa da Cultura a petición do Concello de Gondomar, sendo o único grupo de teatro afeccionado convocado, xa que os demais eran profesionais.

Ano 2001:

9 de febreiro: “¡Este mundo está tolo!” no café “A Marina” de Vilagarcía de Arousa
16 de febreiro: a mesma obra no Auditorio da Casa do Concello de Vigo
17 de febreiro: a mesma obra a petición do CCR “Rueiro”
8 de marzo: a mesma obra por mor do Día Internacional da Muller Traballadora
26 de abril: estrea na EOI de “Para a tenrura… sempre hai tempo”. Relación de textos adaptados ou creados polo grupo.
Xuño: a mesma obra ó aire libre no Parque de Castrelos por mor da “I Mostra de Asociacións”
Setembro: dúas actuacións no Parque por mor da Semana Cultural, organizada pola A.VV. Conde de Torrecedeira

Ano 2002:

15 de febreiro: estrea da obra “O galego, a mulata e o negro” de Gustavo Pernas Cor, na Aula Magna da EOI
2 de marzo: representación no Auditorio de Caixanova
Maio: No paraninfo da Universidade a petición da Facultade de Económicas de Vigo
Xuño: No auditorio San Xurxo de Salceda de Caselas
Outubro: no hotel Cemar de Mondariz, a petición da Cruz Vermella de Pontevedra
Decembro: no Auditorio da Casa da Cultura de O Grove por mor do “II Certame de Teatro Afeccionado”

Ano 2003

Febreiro: “O galego…” no Auditorio do CCR. “Rueiro”
15 de maio: estrea da obra de Adolfo Marsillach “¡Feliz aniversario!” na Aula Magna da EOI por mor do Día das Letras Galegas
17 de maio: “O galego…”no CP Carballal-Cabral por mor do Día das Letras Galegas
23 de xuño: a mesma obra no Paseo Paz Andrade de Bouzas, a petición da A.VV. “Dr.J.Casás” de Bouzas
11 de outubro: “¡Feliz aniversario!” no Auditorio de Caixanova
28 de novembro: “O galego…” noSCD. Helios-Bembrive, por mor da II Semana de Teatro Afeccionado
17 de decembro: Representación da obra “O galego…” no Teatro Principal de Santiago de Compostela, por mor de seren seleccionados como un dos mellores grupos e obra para o “II FESTIVAL DE TEATRO AFECCIONADO”, organizado pola Fegatea.
30 de decembro: Representación da obra “¡Feliz aniversario!” no cine “O Marino” de O Grove, pormor de seren seleccionados para o “III CERTAME DE TEATRO AFECCIONADO ENXEBRE”.

Ano 2004:

24/25 de marzo: Aniversario do grupo de teatro e representación eses dous días dun resumo de tódalas obras levadas a cabo polo grupo de teatro “Porta Aberta” durante os seus X anos de existencia.
30 de maio: “¡Feliz aniversario!” no Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas,a petición do Concello da devandita localidade

Ano 2005:

5 de maio: Estrea da obra de Alejandro Casona “A barca sen pescador” na Aula Magna da EOI.
6 de maio: Representación da mesma obra a petición da Cruz Vermella de Vigo
27 de outubro: “A barca sen pescador” no Auditorio de Caixanova de Vigo.
5 de novembro: A mesma obra a petición da Concellaría de Cultura do Concello de Mos.
2 de decembro: A petición da Agrup.de Centros deportivos e culturais de Vigo, por mor da “SEMANA DE TEATRO AFECCIONADO” , no Auditorio do Concello.
28 de decembro: no cine “O Marino” de O Grove, pormor de seren seleccionados para o “III CERTAME DE TEATRO AFECCIONADO ENXEBRE” e onde asemade, acadámo-lo permio de mellor obra e interpretación outorgado polo público.


Ano 2006:

Abril: “O GALEGO, A MULATA E O NEGRO” de Gustavo Pernas Cora, no Auditorio Lois Tobío de Gondomar.
Abril: “O GALEGO, A MULATA E O NEGRO” no CCRC de Coruxo

11 de maio: estrea da obra “A POUSADEIRA” de Carlo Goldoni, na Aula Magna da EOI
17 de maio: representación da mesma obra, no CCRC Rueiro, por mor do Día das Letras Galegas
20 de maio: a mesma obra a petición da A.VV. San Miguel de Oia
16 de xuño: a mesma obra a petición do CCR. De Carballal- Cabral
22 de outubro: a mesma obra no Auditorio Caixanova
24 de novembro: a mesma obra no Auditorio do Concello de Vigo, por mor da Semana de Teatro Afeccionado
27 de decembro: a mesma obra no teatro “O MARINO” de O Grove, a petición da Asoc. Enxebre

ANO 2007:

30 de novembro: representación e estrea en Vigo da obra de Roberto Salgueiro, “O ARCE DO XARDÍN”, por mor do Certame de teatro afeccionado “Tespis”, no Auditorio do Concello de Vigo.
28 de decembro: no teatro “O MARINO” de O Grove, a petición da Asoc. Enxebre

ANO 2008:

30 de novembro: representación e estrea en Vigo da obra de Roberto Salgueiro, “O ARCE DO XARDÍN”, por mor do Certame de teatro afeccionado “Tespis”, no Auditorio do Concello de Vigo.
28 de decembro: no teatro “O MARINO” de O Grove, a petición da Asoc. Enxebre
18 de xaneiro: “O ARCE DO XARDÍN”, a petición do Centro Cívico de Teis.
12 de outubro: a mesma obra no Auditorio Caixanova de Vigo
18 de outubro: a mesma obra a petición do CCR Rueiro de Coia (Vigo)_
Novembro: a mesma obra a petición do Centro Cívico de Teis

ANO 2009:
17 de xaneiro: a mesma obra a petición da SCD. “Atlántida” de Matamá
23 de xaneiro: a mesma obra a petición da A.V. “Dr.J.Casás” de Bouzas
30 de maio: estrea da obra “A Bufarda” no teatro da Escola de Arte Dramática de Vigo.
17 de outubro: a mesma ora no SCD “Atlántida” de Matamá, por mor da Semana de Teatro Aleccionado.
30 de decembro: no teatro “O MARINO” de O Grove, seleccionados no Certame de Teatro Aleccionado Enxebre


ANO 2010:
10.01.10: a obra “A BUFARDA” no Auditorio do Centro Cultural Caixanova de Vigo
25.01.10: Na Aula Magna da Escola Of de Idiomas de Vigo
31.01.10: a mesma obra no Auditorio do Centro Penitenciario de A LAMA